Apresentação
«Unha nova edición do Congreso Galego-Portugués de Psicopedagoxía vai ter lugar no mes de setembro, na Coruña. Xa é o Congreso senlleiro polo que supón de calidade de todas as persoas participantes, polos temas que se debaten, así como por todos os intercambios científicos que se fan e, sobre todo, por todas as achegas e propostas que se traen e se sinalan como necesarias para todos os niveis dos eidos educativos preferentemente de Galicia e Portugal.
Desde aquí convidamos a todas cantas persoas vinculadas aos diferentes niveis dos sistemas educativos de Galicia, España, Portugal e demais países latinos, americanos e africanos para que se sumen ás achegas coas que podemos contribuír ás nosas respectivas comunidades de orixe e redundar, deste xeito, na mellora da calidade educativa.
A calidade educativa enténdese sempre, por unha banda, pola contribución, por parte das administracións responsables, de máis medios persoais-humanos cualificados e, por outra, á calidade dos materiais e recursos técnicos necesarios para o desenvolvemento de todas as actividades de ensinanza-aprendizaxe escolares que cada día acontecen nas diferentes Escolas, Institutos e Universidades e outros ámbitos educacionais dos nosos países. Insistimos que a calidade educativa pasa sempre por estas dúas coordenadas. Neste Congreso, unha vez mais, poñeranse de manifesto e ampliaranse estes dous conceptos e realidades, inevitablemente inseparables.
A través de Conferencias plenarias, Ponencias, Simposios e Comunicacións van a ter lugar os debates, as análises, as achegas e as propostas que todos os e as participantes, a través dos seus traballos e achegas, van a compartir e proporcionar, nunha oportunidade inmellorable, á sociedade e ás administracións educativas beneficiando, sen dúbida, a mellora e a calidade psicopedagóxica dos nosos respectivos sistemas educativos.»
A Coruña, Xaneiro de 2011
Alfonso Barca Lozano, Bento Duarte Silva
Alfonso Barca Lozano, Bento Duarte Silva
Programa
7 de Setembro de 2011
12h00 - Entrega de Documentación
15h00 - Conferencia Plenaria Inaugural do Congreso
Tema: Ecoloxías da aprendizaxe e educación escolar
Conferenciante: Prof. Cesar Coll Salvador (Universitat de Barcelona)
Presenta: Prof. Manuel Peralbo Uzquiano (Universidade da Coruña)
16h45 - Comunicacións libres, Simposios e Posters
18h30 - Pausa para café
18h45 - Comunicacións libres, Simposios e Posters
20h30 - Viño de Honra
8 de Setembro de 2011
09h30 - Comunicacións libres, Simposios e Posters
12h00 - Pausa para café
12h30 - Conferencia Plenaria II
Tema. A avaliación dos aprendizaxes como factor de calidade
Conferenciante: Prof. Elena Martín Ortega (Universidad
Autónoma de Madrid)
Presenta: Prof. Leandro Almeida (Universidade do Minho)
13h45 - Comida
15h30 - Comunicacións libres, Simposios e Posters.
18h00 - Conferencia Plenaria III
Tema: Os significados da educación na (in)xustiza de menores.
Conferenciante: Prof. Ana Iglesias Galdo (Universidade da Coruña)
Presenta: Prof. Juan José Bueno Aguilar (Universidade da Coruña)
19h15 - Comunicacións libres, Simposios e Posters.
9 de Setembro de 2011
09h30 - Comunicacións libres, Simposios e Posters
12h00 - Pausa para café
12h30 - Conferencia Plenaria IV
Tema: Desafío e organización escolar inclusiva
Conferenciante: Prof. David Rodrigues (Instituto Piaget. Lisboa)
Presenta: Prof. Bento Duarte da Silva (Universidade do Minho)
13h45 - Comida
15h30 - Comunicacións libres e Posters
16h30 - Panel de Debate
Tema: Técnicas e claves motivacionais para a aprendizaxe na
universidade.
Coordinador: Prof. José Carlos Núñez Pérez
Intervenientes/Poñentes: Prof. Antonio Valle Arias (Universidade da Coruña), Prof. María A. Muñoz Cadavid (Universidade de Santiago de Compostela), Prof. Miguel Ángel Carbonero Martín (Universidad de Valladolid), Pedro Rosario (Universidade do Minho)
18h30 - Sesión de Clausura - Entrega de Diplomas